Saga Far Cry!

Far Cry é unha serie de videoxogos de acción en primeira persoa creada por Crytek e distibuido por Ubisoft. O primeiro xogo da serie foi Far Cry, desenvolvido pen Alemaña por Crytek e distribuido por Ubisof en 2004 para a plataforma Microsoft Windows. Debido o éxito que obtubo, desenvolveronse varias secuelas co mesmo título: Far Cry 2, Far Cry 3, Far Cry 4 e Far Cry 5. Tamén se lanzaron expansións e historias alternas como: Far Cry Instincts, Far Cry 3: Blood Dragon, Far Cry Primal e Far Cry New Dawn.

Far Cry foi coñecido pro levar o xogador a explorar lugares exóticos, dende illas tropicais ata zonas desérticas. A seira caracterizase por ofrecer unha experiencia en primeira persoa combianada cun mundo aberto.






Serie principal



Far Cry (2004)

A historia centrase en Jack Carver, un soldado retirado das forzas especias que vive no arquipélago de Micronesia. O seu traballo é alugar barcos, pero é contratado por un xornalista para coñecer e explorar a rexión. Durante a exploración, Jack tenta frustrar os plans dalgúns mercenarios e rescatar ao xornalista secuestrado.



Far Cry 2 (2008)

A trama céntrase en "O chacal", un provedor de armas que conseguiu levar a dúas faccións de África nunha guerra constante. O xogador asume o papel dun mercenario, que chega a ese estado coa misión de eliminar o chacal, un traficante de armas que estivo vendendo armas ás dúas faccións en guerra. O xogador debe acadar o seu obxectivo facendo o que sexa preciso, aínda que sucumbiu á inmoralidade das faccións en guerra e do propio Chacal. O xogador, afectado pola malaria, debe realizar unha serie de misións para ambas as faccións individualmente e ás veces apoiadas por compañeiros. Descubriranse as tramas no camiño e o xogador terá que sobrevivir ás continuas guerras e emboscadas.



Far Cry 3 (2012)

A historia céntrase en Jason Brody. El e os seus amigos van de viaxe turística ás illas do Pacífico, ata que son secuestrados por piratas, mercenarios e criminais que toman o control das illas. O seu líder é Vaas Montenegro. Coa axuda dos habitantes locais, Jason debe percorrer o Camiño do Guerreiro, un camiño que lle permitirá loitar contra os seus inimigos, ver todos os recunchos do Pacífico e rescatar aos seus amigos.



Far Cry 4 (2014)

Está situado en Kyrat, un país ficticio do Himalaia. Ajay Ghale volve á súa cidade natal (Kyrat) para liberar as cinzas da súa nai. Durante o seu regreso, está atrapado nunha guerra de bandas. Pagan Min proclámase rei do país, forzando a Ajay a derrocar a Min e liberar a cidade da tiranía e a opresión.



Far Cry 5 (2018)

O xogo ten lugar en Montana, Estados Unidos, onde un culto radical coñecido como La Puerta del Edén toma o control das comunidades rurais. O xogador colócase no papel de subdelegado, podes cambiar o xénero e o aspecto.





Spin-offs



Far Cry Instincts (2005)

Desenvolvido e publicado por Ubisoft para a consola Xbox, semellante ao anterior xogo de PC Far Cry. Non obstante, o xogo non é tan aberto como o anterior. Isto compénsase coa inclusión dun modo multixogador adicional a través do servizo Xbox Live, xunto con novas habilidades (poderes salvaxes) e un modo de creación de mapas que lle permite ao usuario crear os seus propios mapas para multixogador. O lanzamento fora planeado para as consolas PlayStation 2 e Nintendo GameCube, con todo, por motivos descoñecidos, nunca se levou a cabo.



Far Cry 3: Blood Dragon (2013)

O xogo desenvólvese nun mundo aberto, unha illa retro-futurista chea de maldades, na que como xogadores faremos o papel do Cyborg cun ollo biónico, o sarxento Rex Power Colt.



Far Cry Primal (2016)

Desenvolvido por ubisoft como as entregas anteriores. En Far Cry Primal, encarnaremos a Takkar (o noso personaxe), intentaremos sobrevivir e crearemos unha nova vila despois de que os tigres de dentes de sabre maten aos seus aliados. Durante o xogo atoparémonos cun chamán que nos dará a posibilidade de domar a calquera animal salvaxe que atopemos.



Far Cry New Dawn (2019)

Desenvolvido principalmente por Ubisoft Montreal, o xogo transcorre despois dun dos finais de Far Cry 5. A historia está ambientada na cidade do condado de Hope despois da súa destrución por bombas nucleares. 17 anos despois deste suceso, os sobreviventes intentan reconstruír a comunidade, pero son ameazados por un grupo chamado Highwaymen. No xogo encarnaremos nun membro de Rush de nome descoñecido que é o capitán de seguridade ao que podemos escoller o seu tipo de corpo e o sexo masculino ou feminino que fará todo o posible para eliminar todo o rastro dos camiñantes dirixidos por duas irmás xemelgas Mickey e Lou.



Orde persoal de mellor a peor Far Cry

  1. Far Cry 3
  2. Far Cry 3: Blood Dragon
  3. Far Cry 2
  4. Far Cry 4
  5. Far Cry Primal
  6. Far Cry 5
  7. Far Cry New Dawn

O Far Cry 1 e o Instincts non están na lista debido a que eu non os xoguei, por iso non podo opinar.